O Concello de Fene púxose hoxe outro ano máis en contacto con nós para colaborar na edición de este ano no “Día do Deporte na Rúa” que se celebrará o domingo 6 de xullo en Perlío entre as 10:30 e as 14:00.

Necesitamos chavistas para organizar un posto de chave onde a xente poida animarse a tirar e coñecer o xogo da chave. CANTOS MAIS MELLOR, así poderemos establecer quendas que fagan a mañá mais doada de levar.

Os que queiran colaborar que se poñan en contacto coa directiva ou con algún membro desta o antes posible. Grazas por axudar a dar a coñecer a chave.