Recollida da documentación para XXVIII tempada de Liga 2015

A Xunta Directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a un representante de cada equipo participante na Liga 2015 a unha reunión que terá lugar no Local social do Clube, en Fonte do Campo (Fene) o lado da Casa da Cultura , o dia 21 de febreiro as 12 horas con o obxecto de recolle-la documentación pertinente para o desenrolo da Liga.

Descarga o Modelo ficha de inscrición.

Recollida das actas

Os equipos que xogan como locais serán os encargados de deixar as actas antes do luns as 19,00 horas nos locais que se citan:

  • C.P.S. San Valentín (Fene)
  • L.S. Limodre (Fene)
  • A VV O Cruceiro (Sta. Icia)
  • Bar As Mirandas (Ares)

Os equipos que non leven as actas a tempo serán eles os encargados de levalas a O Cruceiro ou o Bar As Mirandas.

Aprazar Partidas

En caso de aprazarse unha partida tentarase poñer data nova no momento do aprazamento. De non poderse xogar na segunda data fixarase unha terceira, en caso de non ter éxito a terceira data xa será a directiva a que poña hora, dia e cancha (no caso de choiva). Cada vez que se fixe data nova haberá que comunicalo o supervisor da división.

Remate de Liga

Chegado o último fin de semana da Liga non poderá haber partidas aprazadas, a última partida será o sábado á hora indicada sin poder xogarse ese dia mais partidas (tendo a excepción da partida do venres).
Estas medidas transacionais foron aprobadas entre outras en asemblea, o dia 19 de xaneiro do 2014 mentres non se actualice e se aprobe o novo regulamento da chave.