Xa rematou a liga deste ano e os campión do ano foron O Pazo de Franza (Mugardos) na primeira división, a A.VV. San Pablo (Ferrol) na segunda división e o Cuatro Caminos (Mugardos) na terceira división.
Na primeira división despois dunha primeira fase da liga onde os seus seguidores puideron seguirlle o paso O Pazo volveu a marcar distancias co resto da tempada e volve a ser campión
- O Pazo
- L.S. Limodre
- Lúa Nova
Na segunda división dous equipos que militaron na primeira división a tempada pasada volverán ao seu sitio acompañados polo Fumazo A
- A.VV. San Pablo
- A Curva do Pazo
- Fumazo A
Na terceira división produciuse un fito nunca antes visto e foi que o primeiro clasificado, o Cuatro Caminos formado por xente con experiencia na liga, gañou todos os partidos da liga sen excepción. Todo un récord.
- Cuatro Caminos
- Mandiá
- A.VV. Serantes B
Este ano gracias a distribución en tres categorías as ligas equilibráronse e en todas as categorías se ben a parte superior da táboa decidiuse antes, os postos medios e baixos tiveron que esperar ate o último momento para decidirse.
Os tres primeiros clasificados de segunda e terceira teñen praza asegurada na categoría superior o ano que ven e os descensos, como todos os anos, virán determinados polo número de equipos cos que a liga conte o ano pasado. Este ano xa houbo un aumento de cinco equipos respecto o ano pasado e para a tempada que ven esperamos outro aumento na participación.
Rematada pois a competición oficial, vémonos nos torneos estivais!