Os pasados 23 e 24 de Abril, celebraronse en San Valentín (Fene) as Xordadas de Deporte Escolar que todos os anos promove o concello e o Clube de Amigos da Chave de Ferrolterra colaborou na organización dos xogos tradicionais.

Xogos Tradicionais - Concello de Fene

Houbo unha participación aproximada de 450 nenos e nenas de primaria, pertencentes a colexios do concello, sendo dirixidos pola coordinadora de deportes Mercedes Justo.

Os nenos e nenas que tomaron parte xogaron ó xogo da chave, carreira de sacos, o pano, brilé, salto á corda, os tres pés e a soga tira.

Xogos Tradicionais - Concello de Fene

Os xogos desenrolaronse durante as mañás dos anteditos dias e a participación dos nenos e nenas no xogo da chave foi animada tendo que ter instaladas dúas canchas de xogo. Podemos afirmar que estes xogos foron dos máis numerosos en canto a participación de nenos e nenas dos que ate o de agora este clube ten participado cos concellos.

Para o Clube de Amigos da chave de Ferrolterra estes eventos son interesantes, pois entran dentro das espectativas que esta directiva ten para a promoción deste deporte autóctono e tradicional nos colexios.