Dende o 1º  ata o 13 de Agosto, veuse celebrando na cancha  do Mesón de Cociña en  Perlio, o 1º Trofeo de chave coa participación de 18 equipos, acadándose os seguintes resultados:

  1. LS Limodre de Limodre
  2. O Pazo de Franza.
  3. Ambigú C.P.S. de San Valentin.

O trofeo o máximo chavista tanto na 1ª fase como na final levounos Luis do Limodre.

Fixéronseen todo o campionato 3039 chaves das cales 787 foron feitas na final.