Outro ano mais chega unha nova edición da liga de chave de ferrolterra así que nas seguintes semanas estaremos moi atarefados preparando todo, hai tres datas importantes que tedes que marcar no calendario:

22 de xaneiro ás 12:00 no CPS San Valentín: Asemblea xeral para os socios actuais para dar peche a tempada 2011 nunha  que contará cos seguintes puntos:

1. Lectura e aprobación da acta anterior se procede
2. Estado de contas
3. Balance deportivo
4. Rogos e preguntas

Ante os problemas horarios que ten a actual directiva para os tramites administrativos nos concellos, solicitamos voluntarios con disponibilidade horaria ou a posibilidade de externizar a xestion do clube. As decisións desta asemblea materializaranse nunha asemblea extraordinaria que terá lugar a continbuación da ordinaria.

22 de xaneiro á 13:00:  Recollida dos formularios de inscricion [pdf 92 KB] para a nova tempada.

5 de febreiro: Entrega da documentación aos equipos (calendarios, blocs, …)

18 de febreiro: Inicio da liga de chave 2012.

Os equipos que queiran participar na liga so teñen que encher o formulario e entregalo pagando a cota de inscripción.