Este fin de semana rematou a liga de chave nas tres categorías a cabeza da primeira quedou o L.S. Limodre con tres xogadores que xogaron case todos os partidos e un xogador, Luis, que ademais de quedar como máximo chavista o fixo unha media de mais de 16 chaves por partida (16.16 para ser exacto); detrás quedaron un incombustible O Pazo ao que lle custou un inicio de liga irregular e despois o Brión Poniente que pasou de xogar o ano pasado na segunda división  a liderar a táboa na principio de tempada para quedar finalmente na terceira posición.

Na segunda división, primeira posición para o San Martín, seguido do AVV Serantes B e o Cuatro Caminos que o vindeiro ano xogarán en primeira división.

Para finalizar o Sta. Catalina – Bitakora mantívose intratable na primeira posición, segunda posición para o Casa Tilocha e terceira para o Casino Mugardés A. Os tres xogarán na segunda categoría.

Os descensos coma sempre dependerán do número de equipos cos que contemos o ano que ven, intentando sempre que as categorías estean igualadas no número de equipos tendo en conta que o último clasificado descenderá en todas as posibilidades.

Finalizada a tempada chega o tempo dos torneos de verán que podedes seguir na axenda desta web, se tedes pensado organizar algún torneo procurade que non coincida a final con outra final e comunicadevos coa web para que o anunciemos na web.