O sábado 27 de Maio  no Concello de Naron e nas instalacións do CPI do Feal (rúa Rio Seco s/n o Feal) vaise celebrar o XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais nos cales  e un ano mais o Clube Amigos da Chave participará colaborando con Brinquedia.

  . Haberá práctica de xogos, construción de enredos, xogos musicais, artesáns

  . Exhibición e demostracións deportivas.

  . Chaves de Ferrolterra,Ourense e Santiago.

  . Loita Tradicional Galega.

  . Billarda, birlos.

  . Arrebolamento do Xogo do goxo.

  . Actividades para os/as mais pequechos/as a carrego de “Paporrubio”.

  . Entrega de agasallos.

A directiva agradece de anteman  a asistencia dos socios a este evento e recordade con antelación suficiente  que o mellor tedes que cambiar a partida de esa xornada.

Un saúdo