3.1 .- Só se poderá cambiar as datas das partidas nos supostos e con os requisitos que a continuación se especifican:
a) .- Cando unha circunstancia imprevista momentanea e de identidade suficiente, obrigue ou aconselle retrasa-la partida.
b) .- Cando a priori, se saiba que a partida non se poderá xogar e teña que suspenderse por causas de forza maior e a criterio dos delegados dos dous equipos
c) .- Podera adiantarse unha partida sempre e cando os equipos implicados asi o acorden, pero nunca o adianto poderá ser superior os catro ou cinco (4- 5) dias con respecto a data oficial, e sempre con a previa comunicación a directiva.
3.2.- Partindo da base de que sempre e mellor adiantar unha partida que atrasala, tentarase poñer dia á partida no momento de aprazar esta. En caso de non poder xogarse na segunda (2ª) data, fixarase unha terceira ( 3ª) data . En caso de non ter éxito tampouco na terceira, será a directiva quen poña hora, dia e cancha ( en caso de choiva ). Cada vez que se fixe data nova haberá que comunicalo a directiva.
3.3 .- Ao chegar ao penúltimo fin se semana da Liga baixo ningún concepto poderá haber partidas aprazadas. A última partida será xogada o sábado á hora indicada sen poder xogarse ese dia mais partidas ( tendo a excepción da partida do venres).
3.4 .- As partidas da primeira volta deberán estar todas xogadas antes do comezo da segunda volta, a excepción de que por causas xustificadas a partida xexa aprazada,
3.5 .- En caso de incumprimento do punto 3.3., abrirase expedente disciplinario por parte da directiva, podendose chegar a inhabilitación do equipo ou equipos incurrentes, unha vez determinado o grado de culpabilidade.