Historia

A presentación desta pequena exposición pode plantexarse coma un espazo informativo e aberto principalmente para toda a comunidade da Chave.A miña intención e presentar esta mostra do pasado da Chave dunha forma visual e amosando os momentos máis interesantes da historia da Chave en Ferrolterra dende mediados do século pasado ata o ano 2007. Esta recompilación está incompleta debidos a que a información tanto escrita como gráfica escasea.

No futuro posiblemente haberá que facer axustes, xa que neste intre non se dispón de toda información necesaria e obxectiva, polo tanto eu penso que para rematar este proxecto é preciso a colaboración de todos os integrantes da Chave, e que ofertedes toda a información que poidades ter para así continuar avanzando na toma de datos e chegar a conformar o que foi a traxectoria e a historia da Chave na Comarca.

Unha felicitación xeral a todos aqueles que axudan a que este proxecto vaiase facendo realidade.
Jaime Iglesias López

Presidente do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra

Ano 2007

“Non me poñas chatas a obra namentres non se remata, o que pense que vai mal que traballe nela; hai sitio para todos”
Castelao