ANO 1990: III Campionato de Liga (non se dispón de documentación)
ANO 1991: IV Campionato de Liga (non se dispón de documentación)
ANO 1992: V Campionato de Liga (non se dispón de documentación)
ANO 1993: VI Campionato de Liga (non se dispón de documentación)
ANO 1994: Celébrase o VII Campionato de Liga, sendo a única información escrita da que se dispón unha pequena nota de prensa que di “la Delegación Comarcal de Chave organiza el VIII Campeonato de Liga con un total de 22 equipos, esta liga finalizará el día 4 de Junio”.
No grupo “A” están os seguintes equipos: O Pote,O Parrocho “A”, A Moa, O Parral, Arxela “A”, Cazador II, Progreso, Malpica, A Parada, O Parrocho, Club del Mar; e no grupo “B” están O Pazo, Cazador I, O Parral “A”, Meiriño, Chalupas, Arxela, Chechu, O Galego, Arxela “B”, Olmo e Júpiter.
ANO 1995
Nun xornal local do ano 1996 di “Una competición que vuelve a renacer tras dos años de inactividad”, se facemos caso a esta información no año 1995 non se xogou a Liga.
ANO 1996
No Casino de Franza o 24 de novembro do 1996, reúnense as persoas que foron elixidas pola Asamblea Xeral do día 17 de novembro dese mesmo ano e confórmanse os cargos da Xunta Rectora que queda da seguinte forma:
– Presidente: Julio Seoane Freire.
– Vicepresidente: José R. Montero Pantín.
– Tesoreiro: Fernando Méndez Freire.
– Vicetesoreiro: Juan Vázquez Espiño.
– Vocais: Angel Fontenla, Manuel Cavalo, Armando Permuy e Juan Carlos López.
Neste ano debería ser cronoloxicamente o IX Campionato de Liga da Chave, nembargantes nos xornais aparece o VIII coincidindo coas primeiras follas de clasificación de cada xornada e con o calendario de equipos que participan na liga, os directivos trabucáronse no número da edición.
Foron 26 equipos os que representan o Concello de Narón, Fene, Mugardos, Ares e Pontedeume participando na oitava edición da Liga de Chave da Comarca que estivo inactiva un par de anos.
Os participantes están divididos en dous grupos, Grupo “A” onde están O Pazo, O Meiriño “A”, Club del Mar, O Fumazo, Casino Progreso, A Baiuca, Estanco, O Parral, Arxela “A”, Olmo, O Poso, Martínez Náutico, Arxela “B”; e no Grupo “B” están: O Pote, A Moa, Arxela, Arxela “D”, OS Chupicolas, A Parada, Náutico “B”, O Parrocho, O Meiriño, Emigrante, O Fumazo “A” , Malpica, Emigrante “A”.
ANO 1997
Celebrase o IX Campionato de Liga da Chave. Esta liga componse de 31 equipos, 15 no grupo “A” e 16 no grupo “B”.
Grupo “A”: A Parada, O Pazo, O Parral, Meiriño A, O Pote , Arxela, O Meiriño, Club del Mar, Malpica, Moa, Nautico B, O Fumazo, O Estanco, Parrocho, Arxela A.
Grupo “B”: S.Valentín, Olmo , Outeiro, Jupe, O Campo, C.Progreso, Morteirado, Lúa Nova, Fumazo A, Bellón, Lúa Nova A, Emigrante A, O Pozo, Limodre, Arxela B, Emigrante.
O 25 deste ano a Voz de Galicia fai referencia a esta competición e di “O Pote de Maniños ganó la liga comarcal” e continua dicindo que “este día en el Restaurante Los Molinos se clausura la liga del año 1997”.
A esta cita asistiron ademais dos 31 equipos participantes os responsables de deporte de Ares, Mugardos, Fene, Narón, Neda e Pontedeume.
O primeiro clasificado do grupo A foi O Pote de Maniños, 2º A Moa de Ares e 3º O Pazo e Franza.
No grupo B o 1º clasificado foi Lúa Nova de Sillobre, 2º O Olmo de Pontedeume e 3º Jupe de Neda.
O menú foi salmón, carne asada ou cabrito, viños, cafés, prostre, música e barra libre.
Neste ano créase o “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”. Reunidos no local social denominado Casino Progreso de Franza (Mugardos),, ás 11:30 horas do día 16 de febreiro do ano 1997, as persoas que de seguido se citan son os fundadores do que hoxe é o clube.
Todas elas relacionadas entre si por especiais vencellos de carácter social expresan a súa vontade de funda-lo ” Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”, acatamento a canto se conte na Lei 10/1990 de 15 de outubro de Deporte e demais disposicións. Levántase a sesión ás 12:00 horas.
Este clube segue regulando os destinos da chave; nesta Asemblea lense os Estatutos que son aprobados polo presentes: Julio Seoane Freire, Jose M. Manobre, Jose Ramón Montero Pantín, Fernando Méndez Freire, Juan Vázquez Espiño, Ángel Fontenla Prado, Manuel Cavelo, Manuel Chao Porto, Armando y Juan Carlos López.
ANO 1998
Neste Campionato de Liga o cal sería o X, non hai referencia dos xornais, a única documentación escrita obtida son as solicitudes enviadas polo clube os concellos solicitando subvencións nas cales aparece que o X Campionato está formado por 29 equipos repartidos en dous grupos A e B. O Grupo “A” está composto por 14 equipos os cales son: Meiriño “A”, Pote, Moa, Pazo, Malpica, Parada, Arxela, Náutico, Jupe, Olmo, Lúa Nova, Parrocho, Clube do Mar e Meiriño; e o Grupo “B” está composto por: Arxela “B”, Castiñeiro, Emigrante “B”, Fumazo, M.O Pote, O Campo, C.Progreso, Arxela “A”. Queda a clasificación da seguinte forma, grupo “A” o 1º O Pote (Maniños), 2º O Meiriño (Narón) e 3º O Pazo (Franza); no grupo “B” os gañadores son 1º Fumazo (Neda), 2º Arxela (Limodre) e 3º Castiñeiro (Narón).
Coma anécdota lanzáronse 70.560 pellos repartidos entre 53 xogadores. O final desta liga xa aparecen os termos 1ª e 2ª División aínda que esta denominación no é aprobada ata o 3 de xuño do ano 1999.
Este ano o coñecido e recoñecido xogador de chave Juanolo do equipo ” O Pazo”, xogando contra O Parrocho de Ares no XXXI Campionato de Chave. Clube do Mar consegue 29 chaves de 30, record que aínda non se superou, seguíndolle Paco o de Riveira Náutico con 27 chaves e Pachicho de O Pazo con 24 chaves.
O día 14 de novembro deste ano en Asemblea Extraordinaria no Casino de Franza, o Clube de Amigos da Chave de Ferrolterra elixe unha nova directiva presentándose unha única candidatura que recibe o apoio por maioría absoluta a cal se configura como Xunta Directiva do Clube cos seguintes cargos:
Presidente: Juan Manuel Roca Lorenzo.
Vicepresidente: Juan Manuel López Díaz.
Secretario: Manuel Ángel Chao Porto.
Vicesecretario: Jose Manuel Mayobre Seijas.
Tesoureiro: Manuel Patiño Suárez.
Vocais: Juan Francisco Fernández, Ángel Fontenla Prada, Nicolas García López, Manuel Espiñeira Media.
ANO 1999
O día 3 de xaneiro en Asemblea Extraordinaria no local do Pote de Maniños O Clube de Amigos da Chave de Ferrolterra no punto cuarto da orde do día aproban a denominación de 1ª e 2ª División no lugar de Grupo “A” e “B”, manténdose a estrutura que figura na Circular Nº 2 /1997. Esta nova denominación foi aprobada por unanimidade.
Non se dispón de información sobre o Campionato de Liga deste ano.