2. Anos 80

ANO 1980O 26 de abril deste ano apróbase o Regulamento da Chave, polo cal nos seguimos rexindo. O Regulamento consta de cinco capítulos:

Capítulo 1.: Organización
Capítulo 2.: Sorteos
Capítulo 3.: Equipos e xogadores.
Capítulo 4.: Regras do xogo
Capítulo 5.: Xuíz anotador

Este Regulamento naceu coma consecuencia das negociación mantidas entre as zonas de Ferrol e a Ría pois había pequenas diferencias de xogo.
As reunións celebráronse entre os meses de xaneiro e febreiro deste ano no Clube do Mar de Mugardos. Ata este ano xogábase con 4 e 6 pellos a 21 puntos a partida.

ANO 1982

Dende este ano ata o 1997 inclusive, os campionatos de liga na Ría xóganse sen estatutos baixo a tutela da Delegación Comarcal da Chave.
Dende o ano 1982 ó 1988, xóganse seis campionatos de liga.

  • No ano 1982: I Campionato de liga con 14 equipos: As de Copas “A”, O’ Penedo, As de Copas, Progreso, Naranjo “A”, Posada del Mar, Victoria, Os pacíficos, Azougue, Club del Mar, Naranjo “B”, As Viudas, O’ Pazo, Os Terelas, retirándose Os Amigos e Martes e Trece.
  • No ano 1983: Non se dispón de documentación.
  • No ano 1984: III Campionato de liga con 7 equipos: As de Copas, O’ Pazo, Naranjo, Club del Mar, Mesón “A”, O Emigrante, Os Oriundos,
  • No ano 1985: Non se dispón de documentación.
  • No ano 1986: V Campionato de liga con 13 equipos: As de Copas, A.T.L., O’ Pazo, As de Copas, Mesón da Pedreira, Mesón da Pedreira “A”, M. Ferradura, Bar A Parada, Bar A Parada “A”, M. Muiño, Bar Cata, Artabro, La Llave. Sendo Campións:
    1º As de Copas.
    2º O’ Pazo.
  • No ano 1987: VI Campionato de liga con 12 equipos: O’ Pazo, As de Copas, A.T.L., Mesón A Ferradura, Bar A Parada, Bar A Parada “A”, Club do Mar, Bar Cata, Artabro, Mesón O Muiño, Bar Júpiter, Bar O Retiro, Arxela. Sendo Campions O’ Pazo e como máximo chavista Pachicho con 528 chaves.

ANO 1983

Neste ano celebrase o I Campionato “Día da Patria Galega” organizado polo Concello de Fene. Celebrouse en Maniños onde 75 chavistas de toda a comarca participaron neste primeiro campionato organizado pola comisión municipal de Cultura e Deporte do Concello. A participación deportiva foi masiva e tampouco faltou o público, asistindo á final preto de duascentas persoas segundo informa o xornal A Voz de Galicia do martes 2 de novembro deste ano. O gañador foi o equipo “Mesón a Pedreira” de Mugardos, quedando en 2º posto “O Pazo” de Franza e en 3º posto “As de Copas” de Chanteiro (Ares).

Este campionato institucionalizouse pero a día de hoxe organízano os equipos de Chave de Fene colaborando economicamente o Concello con subvencións, aínda no ano 2007 seguiase mantendo esta estrutura organizativa.

ANO 1988

Dende este ano ata o 2007, lévanse xogado XX edicións do Campionato de Liga, patrocinadas pola Delegación Comarcal de Chave durante 9 anos, a partires do ano 1997 o patrocinio e realizado polo “O Clube Amigos da Chave de Ferroltera”.

ANO 1988: I Campionato de Liga (non se dispón de documentación)
ANO 1989: II Campionato de Liga (non se dispón de documentación)