4. Anos 2000

ANO 2000 (non se dispón de documentación)

ANO 2001

Neste ano xógase o XIV Campionato de Liga coa participación dos seguintes equipos:

1ª División: O Pazo, Náutico “B”, Meiriño “A”, M. O Campo, Outeiro, Castiñeiro “B”, C. do Mar, CPS San Valentín, Lúa Nova, UM Olmo, O Pote, Castiñeiro, M. Bellón, O Fumazo e O Xomar.
2ª División: Taberna O Feal “A”, Bar Jupe, M. Picas, Arxela, M. O Pote, Emigrante “A” , Emigrante “B”, A Parada, As Naveiras, A.V.V. Limodre, Náutico, Taberna O Feal “B”, Ambigú CPS, O Meiriño, O Fumazo e Chupiniolas.

ANO 2002

Este ano xógase o XV Campionato da Liga de Chave cos seguintes equipos participantes: 16 equipos en 1ª e 16 en 2ª.

En 1ª son os seguintes: Lúa Nova, Outeiro, Náutico, M. O Pote, CPS San Valentín, Castiñeiro “B”, C. do Mar, Meha Parada, O Fumazo, L.S Limodre, Meiriño “A”, M.O Campo, O Pazo, T.O Feal “A”, O Pote e Náutico “B”.

En 2ª son os seguintes equipos: O Fumazo “A”, Jupe, O Meiriño, Ambigú CPS, Bellón, O Estanco, A Kafeta, Emigrante “A”, Emigrante “B”, A Parada, Olmo, M. O Pote “B”, T. O Feal “B”, As Naveiras, Climpinolas e M. Picas.

Clasificación Final 1ª división: O Pazo con 107 puntos e 2.599 chaves, O Pote con 92 puntos e 2.341 chaves e Lúa Nova con 92 puntos e 2024 chaves.
Clasificación final de 2ª división: Meiriño con 100 puntos e 1.890 chaves, As Naveiras con 97 puntos e 1.926 chaves e Jupe con 88 puntos e 1.779 chaves.

ANO 2003

O día 14 de decembro do ano 2003 en Asemblea Xeral Extraordinaria no local social do Pote de Maniños a Directiva propón a modificación dos Estatutos nos seus artigos 2º e 5º.

No artigo 2º figuraba coma ámbito xeográfico os concellos de Fene, Ares, Mugardos, Neda, Narón e Pontedeume, impedindo esta restricción a entrada de equipos doutros concellos. A Directiva propón ampliar o ámbito xeográfico de actuación quedando o artigo 2º redactado da seguinte forma “… O Clube Amigos da Chave de Ferrolterra practicará o deporte da chave en toda a comunidade autónoma de Galicia…”. Esta proposta coa modificación do artigo 5º no cal figura o domicilio social ata o momento na rúa Camiño Grande nº 94 de San Xoan de Piñeiro, cámbiase por a rúa do Pombal Edificio O Pote de Maniños (Fene) é aprobada.

En Asemblea do 5 de novembro do 2004 o que era proposta pasa a ser aceptado, quedando en notificar a Xunta de Galicia estas modificacións estatutarias.
O 13 de abril de 2005 resolve a favor e procede a anotar no Rexistro de Asociacións Deportivas de Galicia as modificacións citadas.

Este ano xógase o XVI Campionato de Liga da Chave baixo os auspicios do Clube Amigos da Chave de Ferrolterrra, participaron os seguintes equipos:

1ª División: Náutico, O Meiriño, Meha Parada, O Pazo, Jupe, Outeiro, O Pote, T.Feal “A”, CPS Izar Fene, As Naveiras, C.do Mar, M.O Campo, Náutico “B”, Meiriño “A”.
2ª División: O Fumazo, A Kafeta, Ambigú CPS, Emigrante “A”, Mesón Picas, LS Limodre, Fumazo “A”, M. O Pote, Emigrante “B”, CC Outeiro, San Juan, UV Olmo e T.Feal “B”.

ANO 2004

O 28 de novembro de 2004 en Asemblea Extraordinaria exponse que despois de levar a Directiva actual 6 anos de mandato, queren dimitir uns por problemas persoais e outros por agotamento, quedándose en buscar novos directivos, procurando que sexan dos concellos onde haxa equipos de chave. Quédase en convocar outra Asemblea para o día 5 de decembro do 2004, na cal a Directiva ratifícase no apuntado na anterior Asemblea, indicándose que o clube precisa unha renovación e tras varias intervencións saen elixida unha única candidatura a cal queda composta como segue:

Presidente: Manuel Espiñeira Medin (Mesón O Campo)
Secretario: Juan Carlos Montero Martínez (CPS San Valentín)
Tesoureiro: Ricardo Allegue Rodríguez (CPS San Valentín)
Vocais: Jaime Iglesias López (Lúa Nova), Ricardo González Martínez (Fumazo), Robustiano López Hermida (LS Limodre), Francisco Javier Rodríguez Díaz (AVV San Pablo), Fernando Rosado (Bar Graña) e Juan José Rodríguez (Cantina Outeiro).

Neste ano xógase o XVII Campionato de Chave coa participación de 13 equipos en 1ª división e 14 en 2ª división.
1ª División: O Pote, O Pazo, Meiriño T.Feal, Náutico Outeiro, Meha Parada, M O Campo, M Picas, Meiriño T.Feal “B”, O Fumazo, Ambigú CPS, CPS Izar Fene.
2ª División: Emigrante A, Emigrante B, UV Olmo, San Juan, LS Limodre, Lúa Nova, Club de Tenis. M O Pote, M Picas B M O Pote A, A Kafeta, CC. Outerio, San Pablo, T Feal A.
Primeira División
1º Clasificado O’Pazo 83 puntos 2154 chaves.
2º Clasificado O’ Pote 80 puntos 1900 chaves.
3º Clasificado Naútico 70 puntos 1697 chaves.

Segunda División
1º Clasificado Lua Nova 98 puntos 2034 chaves.
2º Clasificado LS Limodre 78 puntos 1576 chaves.
3º Clasificado Taberna Feal “A” 76 puntos 1542 chaves.
ANO 2005

Xógase o XVIII Campionato de Liga cos seguintes equipos, en Primerira División 13 equipos, e en Segunda División 13 equipos:

1ª División: Lúa Nova, LS Limodre, CPS Izar Fene, T. O Feal “A”, Náutico, CC. Outeiro, A Kafeta, O Pazo, O Pote, M. O Campo, T. Feal, O Fumazo, Ambigú CPS.
2ª División: M.Picas, CC. Outeiro, Club de Tenis, O Fumazo “A”, Emigrante “B”, Emigrante “A”, M. Picas “B”, Náutico Caranza, R. Mundial, Bar Graña, AVV Esmelle, AV San Pablo, Bar Xomar.

Neste ano incorpóranse equipos da zona de Ferrol despois de modificados os Estatutos no artigo 2º.
A clasificación final de 1ª división foi O Pazo 85 puntos e 2.071 chaves, M. O Campo con 77 puntos e 1.778 chaves e T. O Feal con 72 puntos e 1.916 chaves; a clasificación en 2ª división foi AVV Esmelle con 79 puntos e 1.450 chaves, Mesón Picas con 79 puntos e 1.521 chaves e AV San Pablo con 72 puntos e 1.387 chaves.

ANO 2006

O 17 de decembro do 2006 en Asemblea no local do Pote de Maniños, O Presidente Manuel Espiñeira expresa a intención irrevogable de deixar o cargo despois de cumprir os dous anos de mandato, a Xunta Directiva propón coma novo Presidente actual ó vocal Jaime Iglesias López, dita proposta foi aceptada por unanimidade, quedando a directiva conformada da seguinte forma:

Presidente: Jaime Iglesias López (Lúa Nova)
Secretario: Juan Carlos Montero Martínez (CPS San Valentín)
Tesoureiro: Ricardo Allegue Rodríguez (CPS San Valentín)
Vocais: Ricardo González Martínez (Fumazo), Robustiano López Hermida (LS Limodre), Francisco Javier Rodríguez Díaz (AVV San Pablo), Fernando Rosado (Bar Graña) e Juan José Rodríguez (Cantina Outeiro).

Prodúcese a incorporación a BRINQUEDIA, a cal faise para poder espallar a chave de Ferrolterra polo resto de Galicia e polo resto do Estado. Esta asociación ten os seus propios estatutos e a súa propia Directiva na cal non temos voz nin voto. Xa houbo participacións conxuntas con esta asociación en Narón e Ourense. Esta asociación inclusive ten feito invitacións a este clube para ir a participar no estranxeiro representando a chave de Ferrolterra.

Neste ano xógase o XIX Campionato de Liga coa participación de 13 equipos en 1ª división e 13 en 2ª división os cales enuméranse a continuación:

1ª División: Lúa Nova, M.Picas, Ambigú CPS, M. O Campo, LS Limodre, T.Feal, AVV San Pablo, CPS San Valentín, Náutico Caranza, O Pazo, SCRD O Pote, AVV Esmelle e O Fumazo.
2ª División: Bar Xomar, Sport Náutico, Emigrante “A”, Club de Tenis, O Fumazo “A”, A Curva do Pazo, T. Feal “A”, Emigrante “B”, M. Picas “B”, Náutico Caranza “B”, CC. Outeiro, A Kafeta e Ribeira Náutico.

Na clasificación final de 1ª división queda en 1º posto O Pazo con 85 puntos e 2.135 chaves, de 2º T. Feal con 76 puntos e 2.153 chaves e en 3º Lúa Nova con 75 puntos e 1.981 chaves.

En 2ª división a clasificación final foi: 1º posto Ribeira Náutico con 88 puntos e 1.840 chaves, 2º CC. Outeiro con 75 puntos e 1.609 chaves e 3º O Fumazo con 67 puntos e 1.459 chaves.

ANO 2007

Neste ano xógase o XX Campionato de Liga coa participación de 14 equipos en 1ª división e 14 equipos en 2ª división os cales son:

1ª División: Lúa Nova, LS Limodre, Ribeira Náutico, Ambigú CPS, Fumazo “A”, T.Feal, M. O Campo, O Pazo, CC. Outeiro, Fumazo, CPS San Valentín, A Xuntanza, AV San Pablo, L.Picas.
2ª División: Emigrante “A·”, A Curva do Pazo, A Kafeta, Bar Graña, Náutico Caranza “B”, Náutico Caranza “A”, Emigrante “b”, As Píntegas “B”, Club de Tenis, L.Picas “B”, Bar Xomar, Mesón Poniente, As Píntegas “A” e Emigrante Madalum.

As clasificación finais quedaron da forma seguinte:

1ª División: 1º O Pazo con 87 puntos e 2.148 chaves, 2º CC. Outeiro con 79 puntos e 2.054 chaves, e 3º T.Feal con 76 puntos e 2.216 chaves.
2ª División: 1º Mesón O Poniente con 94 puntos e 1.434 chaves, 2º Bar Graña con 86 puntos e 1.500 chaves e 3º Emigrante Madalum con 75 puntos e 1.579 chaves.