ANO 1950 Aparecen as primeiras referencias escritas sobre a práctica desde deporte e esta documentado que en Ferrolterra había cantidade de canchas onde se xogaba a chave Incluso hai unha referencia escrita do año 1968 na cal dise “que en la década de los años cincuenta en Mugardos los trabajadores del taller de Planas ‘Las Dos Agujas’ en el terreno que esta entre el Club y el taller. Jugaban despúes de comer y cuando sonaba el pito de la Bazán, recogian para empezar la jornada de tarde….”
ANO 1968
Celebrase o “Primeiro Campionato de Chave” no Clube do Mar, na localidade de Mugardos, sendo campións ” A Cañota” con Juan Bastida, ” O Lobo” con A. Quintillán e J.Caspiñeira e subcampeóns ” Los Vengadores” con Alejandro, Paco Toimil e Juan Monteagudo.
Con anterioridade xa xogábanse torneos en plan localista, e así ata chegar o Campionato número XXX, con referencia escrita salvo algúns anos, pero dende o ano 1998 que fai o campionato número XXXI ata o ano 2003 seguíronse facendo campionatos de chave no Clube do Mar.
ANO 1979
Fúndase a Federación Ferrolana de Chave tamén coñecida como ADELLA, no año 1986, presidida por Manuel Pérez López nese ano a Liga Ferrolana ten 13 equipos: Muebles Casa, Os Chascos, Grupo Bazán, Ferrandiz, Bar Juventud, Galicia de Caranza, Bar Criollo, Os Parrocho e Os Misiles. Proclamouse campión Muebles Casa e como máximo chavista Daniel Romero xogador este que no ano 2007 aínda xogaba a chave no ” Náutico de Caranza”.
Neste ano José Fontenla Prados compuxo o Himno dedicado a Chave esta data está confirmada por escrito nunca documentación aportada polo seu amigo Angel Diaz Rodríguez (Chanteiro, setembro de 1985). Ámbolos dous adicaron a maior parte da súa vida a chave. A letra deste Himno tamén aparece nun xornal de Ferrol do día 26 de abril de 1980 acompañando a noticia da aparición do Regulamento da Chave. Tiña daquela este home sobre cincuenta anos. Vinteoito anos despois tiven o gusto de saudalo en Franza onde reside pero cunha saúde bastante mala.