Seguindo co programa de promoción da chave iniciado pola directiva e invitados pola Fundación Educación Deporte e Saúde (FEDYS) que poñían en marcha o 15 de Novembro o Día do Deporte en Familia, o Clube Amigos da Chave de Ferrolterra colaborou instalando dúas chaves, e aportando como monitores a Javier e Fernado pertencentes o club de Chave AVV San Pablo de Ferrol.

A FEDYS está declarada de interese galego pola xunta de Galicia e está inscrita a Consellería de Cultura e Deporte, os obxectivos son transmitir e potenciar a educación e o desenrolo multicultural grazas ó potencial pedagóxico do deporte e de outros valores.

Pois ben, as actividades mais importantes que desenvolveron foron, o fútbol, patinaxe e xogos populares entre eles esta a chave. Todos os inscritos recibiron un diploma por participar e aprenderon que os xogos compartidos son importantes e axudan a crear hábitos de vida mais saudables.

Mais de trinta persoas participaron neste evento, a maioría nenos acompañados polos pais e incluso algún avó. Os equipos estaban formados por membros da mesma familia ou de varias, cada familia formaba un equipo que xogaba nunha partida de cinco minutos na modalidade que escollía previamente: o equipo gañador podía seguir xogando a que perdera.

Os equipos foron rotando polas diferentes modalidades e podían participar por cantas veces quixeran.

Acudiron o evento o ex xogador do OAR Miguel Juane o adestrador de O’Parrulo, Mario Calvo ademais as xogadoras do Orzán feminino de futbol e a súa adestradora Pilar Meira e diversas autoridades entre elas o alcalde de Ferrol, o concelleiro de deportes e o presidente de FEDYS o ex-xogador de Depor Fran.