Como cada ano a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol púxose en contacto co Clube Amigos da Chave de Ferrolterra para colaborar na Feira do Libro que se celebra cada ano no Cantón de Molíns de Ferrol.
A colaboración consiste en instalar unha chave no parque e facer unha exhibición do xogo da chave tanto para rapaces de colexios como para a xente que lle interese.
En principio contan con nós para unha exhibición na que virán cativos o xoves día 7 de abril de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
E para o sábado e domingo facer un pequeno torneo con poucos equipos que sirva mais de exhibición que de competición, habería unha final o domingo coa correspondente entrega de trofeos.
Tamén nos pediron estar o sábado de 17:00 a 20:00 pero posto que coincide coa liga en principio a asistencia queda desbotada.
Todos aqueles que queiran e teñan tempo para colaborar e realizar estas actividades que se poñan en contacto canto antes coa directiva a través dun correo ou en persoa, cantos mais colaboremos mais repartido estará o traballo e mais ameno será o trato cos rapaces