O pasado día 31 de Outubro o Clube de Amigos da Chave de Ferrolterra reuniu no Restaurante La Concha do Val a preto de 250 persoas entre autoridades, convidados e xogadores para clausurar a XXI Edición da liga.
Agradecemos os representantes da Xunta, Concellos, Deputación, Fundación Caixa Galicia, casas comerciais e empresas; aos medios de comunicación: Diario de Ferrol, Localia TV, Radiofusión Fene; Alcalde e concelleiros pola súa asistencia a este acto, porque co apoio de todos eles nos permiten seguir fomentando este deporte por toda Galiza.
O acto continuou dándolle a benvida os novos equipos: O Son de Cociña, Lúa Nova “A” e Emigrante C.
Parabéns para os equipos que acadaron as primeiras prazas en ambas categorías:
2ª División
Máximo chavista de 2ª – Lúa Nova “A” de Fene con 1850 chaves
- Lúa Nova “A” de Fene
- CPS San Valentín
- A.V. San Pablo de Ferrol
1ª División
Máximo chavista – Taberna O’Feal de Narón con 2251 chaves
- Taberna O’Feal de Narón
- O’Pazo de Mugardos
- Lúa Nova de Fene
Levaron trofeo os equipos arriba indicados, ademais de unha placa gravada co Himno da Chave; este mesmo agasallo foi entregado ao representante da Xunta de Galicia, ao da Deputación de A Coruña e os representantes dos concellos de Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda. Os medios Localia TV, Diario de Ferrol e radiofusión e os 135 xogadores que conforman os 29 equipos que este ano xogaron a competición.
Lamentablemente, quedounos pendente a entrega do agasallo ao tristemente desaparecido Xosé Fontela Prados.
Seguiremos traballando todos a reo para seguir fomentando este deporte e para que o ano que ben volvamos a vernos.
Un saúdo de:
Jaime Iglesias López
Presidente do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra