En ocasións as transformacións mais profundas e interesantes son as mais silenciosas por elo creemos humildemente que algo así puido ocorrer no traballo levado a cabo durante estes últimos anos con respecto ao auxe e espallamento da Chave e o coñecemento da mesma tanto en Ferrolterra como en Galicia, e aínda diriamos mais, en España e en Europa isto último grazas a páxina web e a asistencia a foros de carácter Europeo vexase a participación no Encontro Internacional celebrado este ano en Aranda de Duero (Burgos).
Antes de entrar a expoñer as actividades deste ano permitídenos facer unha pequena reflexión, sobre a importancia que as actividades complementarias tiveron para esta directiva e como as mesmas con o paso do tempo foron adquirindo un valor estratéxico no contexto que anteriormente indicabamos.
Esta introdución e aínda mais interesante e necesaria si son consideradas positivas por parte do colectivo da chave ditas actividades, pois tamén, e hai que dicilo que algúns consideran que con facer o que se viña facendo (a liga) xa e suficiente, coidado este argumento e tan válido como outro, e loxicamente recorrente; pero esta directiva traballou a reo e puxo a chave onde está, naturalmente si no futuro non se mantén “o tipo”, e dicir si se baixa o ritmo levaremos a chave outra vez aos niveis de hai poucos anos atrás.
Estamos en un momento cando menos interesante en canto a actividades sociais e deportivas xa diriamos incluso que este ano en algún momento estivemos desbordados, pero ben, consagrámonos como o Clube de chave con mais actividades de todo Galicia (véxanse medios audiovisuais) e creemos que somos referentes en Galicia cando hai que abordar calquera cuestión na cal este implicada a Chave. Esta directiva traballou en esta liña porque dende un principio tiñamos esta filosofía e criamos e seguimos crendo que a Chave pola súa tradición e historia así o merecía, agora ben, si no futuro se aplicasen outras actitudes e outras formas de traballo que dúbida cabe que en isto cada directiva terá a súa forma de ver as cousas e de levalas a cabo.
Esta directiva sabía dende un principio que organizar a Liga era relativamente fácil, que facer o Acto de Clausura era fácil, que a loxística era relativamente fácil… en definitiva era continuar con o establecido, pois ben, o que fixemos foi facer un plan de traballo que estaba baseado en romper o inmobilismo no que estabamos asentados e intentar abrir este deporte e dalo a coñecer dende outra perspectiva, para elo marcamos uns principios básicos pero o mesmo tempo ambiciosos e que consistían no seguinte:
- Buscar apoio en outros Clubs de chave que tiveran inquietudes igual que nos.
- Negociar con a Xunta a creación dunha Federación de Chave.
- Revalorizar e recuperar este deporte e poñelo en valor.
- Promocionalo en Colexios, Entidades Culturais, Concellos etc.
- Normalizalo e normativizalo mantendo as súas peculiaridades en cada Comarca.
- Mobilizar os medios de comunicación (cuestión esta moi importante)
Pois ben de todos estes puntos temos que dicir e con moito pesar pois para nos o punto mais importante e o que se refire o punto 2º. Non vamos aquí a explicar punto por punto os pormenores da negociación porque non ben o caso pero si dicir que estaban moi avanzadas e por desgraza quedaron oxalá paralizadas e non rotas con motivo das eleccións e o non querer de momento retomalas o novo goberno da Xunta;non obstante cremos que aínda non esta todo perdido pois este Clube en conversas con Brinquedia estabamos intentando retomar esas negociacións. Do resto dos puntos pouco temos falar pois de todos e sabido o traballo desenvolvido e debedes ser vos os que xulguedes ese traballo.
A continuación pasaremos a reflexar os eventos mais importantes que este Clube organizou ou ben participou durante este ano 2009; organizouse a XXII Edición da Liga de Chave, que comezou o 14 de Febreiro e rematou o 27 de Xuño con 14 equipos en 1ª División e 16 en 2ª con 139 licenzas, conseguindo os seguintes resultados:
1ª División
- Clasif. O’ PAZO de Franza (Mugardos) con 90 puntos e 2281 chaves.
- Clasif. C.C OUTEIRO do Outeiro (Ares) con 72 puntos e 2033 chaves
- Clasif. L.S. LIMODRE de Limodre (Fene) con 71 e 2012 chaves.
2ª División
- Clasif. BAR XOMAR de Franza (Mugardos) con 103 puntos e 2088 chaves.
- Clasif. LAR de PICAS “B”de Ares con 96 puntos e 2013 chaves.
- Clasif. A.V. SERANTES Serantes (Ferrol) con 88 puntos e 2012 chaves.
Máximo Chavista de 1ª División O’PAZO.
Máximo Chavista de 2ª División BAR XOMAR.
Quedaron sen facer proxectos que tiñamos preparados para o ano 2010, como eran negociar convenios con os Concellos (este ano xa se fixo con o Concello de Ferrol ) e a poder ser tamén con a Deputación da Coruña, novo sistema para fidelizar novos anunciantes,contactar con empresas para buscar un novo sistema de patrocinio,recuperar con a Xunta a negociación que quedou parada, novas propostas para o aporte económica dos xogadores poñer-lle música o Himno organización dun homenaxe os compañeiros xa falecidos que traballaron a prol da chave que este ano non se puido levar acabo por falta de datas, servizos discrecionais e outras, pero como sabedes temos proximamente renovacións de membros na Xunta Directiva e tempo haberá para retomar estes ou outros proxectos
Xa e para rematar pedimos que todos os homes e mulleres que de algunha forma estamos arredor deste Deporte temos unha obriga con a Chave de Ferrolterra e dende aquí pedimos que non se escatimen esforzos e se siga a traballar ata levala o sitio que lle corresponde e para que este patrimonio inmaterial que nos foi legado po-los nosos antergos sexamos capaces de saber transmitirllo as novas xeracións.