A xunta directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a todo-los xogadore/as de os equipos que participaron na Liga de chave do ano 2008 a unha asemblea xeral ordinaria que terá lugar no C.P.S. SAN VALENTÍN de Fene, o domingo dia 14 de Decembro do 2008 as 11,45 horas na primeira convocatoria e as 12,00 horas na segunda, co seguinte orde do día.
- Lectura e aprobación da acta anterior se procede.
- Estado de contas.
- Rogos e preguntas.
Unha vez rematada a asemblea ordinaria farase outra asemblea extraordinaria co seguinte orde do día.
- Renovación de cargos na Xunta Directiva
- Rogos e preguntas.
NOTA: Pregase a entrega do importe vendido da Loteria e as participacións sobrantes se houbera para facer entrega na Administración.