A directiva deste club considera que o ano 2008 foi un bo ano no que a actividades deportivas se refire, comezamos o ano cargados de ilusión e con un marcado obxectivo que era dar pasos en varios frontes.
Primeiro continuar competición de Liga de Ferrolterra, nas súas dúas categorías 1ª e 2ª división, que xa vai pola súa XXI Edición.
E segundo, onde verdadeiramente nos sentimos ledos e na promoción da chave mediante actividades paralelas que se desenrolaron fundamentalmente nos colexios e a participación en eventos patrocinados pola Consellería de Deportes e polos Concellos.
Quixemos tamén dar un paso mais buscando a axuda dos medios de comunicación para desta forma espallar este deporte en todos os foros posibles dando así un paso mais co obxectivo de que a ser posible, se acade unha sincronía entre todos os elementos que conforman o mundo cultural e deportivo nos Concellos de Ferrolterra con este club.
Antes de pasar a enumerar os eventos nos que participamos queremos resaltar que por primeira vez na historia da chave xogouse a 1ª Liga Galega de Chave e que esperamos que a curto prazo a chave sexa normalizada e normativizada para iso está en marcha o Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Populares e Tradicionais de Galicia no que esta Directiva quere ter parte activa participando nas mesas sectoriais que se están a crear.
Pasamos a enumerar a continuación os eventos mais significativos nos que o Clube tivo a súa participación:
- Obradoiro de chave na XIX Feira do Libro de Ferrol os dias 24, 25, 26 e 27 de Abril.
- Xogos Populares en Aldea Nova (Narón)
- Nos Colexios en Mugardos.
- Nas Xornadas de Xogos Tradicionais, en San Valentín con dúas canchas, dirixidas por Mercedes Justo participando tódolos Colexios de Fene
- Nas Actividades de Voluntariado durante o Recreo, con dúas canchas no Colexio do Ramo e no Colexio de Centieiras, a coordinadora responsable foi Mª Xose Paz.(Fene – Dia do Deporte na Rúa evento no cal participamos tódolos anos (Fene).
- Dia de Convivencia Interxeracional o 22 de Xuño no Pote en Maniños (Fene).
- XVII Open de chave Cidade de Santiago, 31 de Xullo (Santiago).
- II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais, 30 de Agosto en Santalla (Lugo)
- Dia do Deporte en Familia dúas canchas; invitados por Fundación Educación Deporte e Saude na Malata (Ferrol).
Neste ano a Liga estivo composta por 29 Equipos, 14 en 1ª Division e 15 en 2ª División. A Liga comezou o 23 de Febreiro e rematou o 13 de Xuño en 1ª División, en 2ª comezou o 23 de Febreiro e rematou o 5 de Xullo. Este ano incorporáronse o Clube os seguintes Equipos :
- Son de Cociña de Fene.
- Lúa Nova “A” de Fene.
- Emigrante “C” de Fene.
Así quedou a clasificación en 1ªDivision:
- Taberna do Feal de Narón.
- O’ Pazo de Mugardos.
- Lúa Nova de Fene.
A clasificación de equipos chavistas en 1ª Division:
- Taberna do Feal con 2251 chaves (43’29 chaves por partida).
- O Pazo con 2162 chaves (41’58 chaves por partida).
- Lúa Nova con 1984 chaves (38’15 chaves por partida).
Descendeu a 2ª División o Mesón O Poniente (Ferrol)
Así quedou a clasificación en 1ªDivision, coas chaves feitas:
- Lúa Nova “A” con 1850 chaves (33,04 por partida)
- C.P.S. San Valentín con 1848 chaves (33 por partida)
- A.VV. San Pablo con 1627 chaves (29,05 por partida)
Posto que o primeiro clasificado desapareceu como clube e non disputará a liga o vindeiro ano, ocupa o seu lugar para ascender o 4º clasificado, Náutico de Caranza.
Por ultimo celebráronse os seguintes campionatos que abranguen dende Xullo ata o mes de Decembro:
- XXXIX Trofeo Clube do Mar no mes de Xullo (Mugardos)
- VI Trofeo de Chave A.VV. San Pablo no mes de Xullo (Ferrol)
- Trofeo de Chave As Pintegas en Agosto (Fene)
- V Campionato Náutico de Caranza en Agosto (Ferrol)
- A.VV. Serantes, agosto (Ferrol)
- V Trofeo de chave Virxe da Merce en setembro (Ares)
- IX Trofeo de chave C.P.S. San Valentín (Fene)
- Trofeo Mandiá en Setembro (Ferrol)
- XI Trofeo de chave Lúa Nova en Outubro (Fene)
- XII Campionato L.S. Limodre en Novembro ( Fene ).-Campionato Bar Xomar en Decembro (Mugardos )
¿Onde mais nos viron? Foi en T.V. Localia Ferrol.
¿Onde mais nos ouviron? Foi en Radiodifusión.
¿Onde mais nos leeron? Foi en Diario de Ferrol.
¿Onde nos viron xogar? Foi en Fene, Ferrol, Narón, Neda, Ares, Mugardos, A Coruña, Santiago, Ourense e Lugo.