Como ben se sabe a Chave e o mais popular de tódolos xogos tradicionais que hai en Galicia seguido dos Bolos e da Billarda, que xunto con outros 61 xogos mais manteñen en Galicia unha tradición en algún dos casos de séculos grazas a mulleres e homes que o fan posible.
O Domingo dia 8 de Febreiro do 2009 estivemos na presentación do Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Populares e Tradicionais. Pois ben, para poder explicar ou resumir o acontecido na dita presentación teriamos primeiro que retroceder o 26 de Maio do 2007 en Pereiro de Aguiar (Ourense); naquela reunión estiveran a Conselleira de Cultura e Deporte Ánxela Bugallo e a Directora xeral para o Deporte, Marta Souto, con representantes das chaves de Ferrolterra, Ourense, a Irmandade da Coruña e Santiago. En dita xuntanza sentáronse as bases para comezar as negociacións que nos levaran a acadar a normalización da chave en todos los aspectos, tanto técnico como xurídico e deportivo, e así chegar a unha Agrupación Federativa de Xogos Tradicionais ou como se lle quixese chamar.
Pois ben, aquel xermolo a dia de hoxe é unha arbore que poida que pronto comece a dar os seus froitos, pois o 26 de Maio en Pereiro de Aguiar, quedou superado. Digo isto pensando nos avances que a Consellería leva feito e que se ve que segue apostando forte polos Deportes Tradicionais, do que se deriva este Plan.
Na xuntanza comezouse a explicar o traballo de campo feito en 315 Concellos para determinar estatisticamente o estado actual dos xogos en Galicia, aínda que so se adiantaron os datos principais e marcáronse as liñas mestras para concretar acordos con mais de 250 entidades Deportivas.
O Plan o noso entender parece que vai a constar de seis piares:
- Oferta de apoio institucional para organizar e manter contactos entre as Asociacións.
- Recuperación dos xogos.
- Revalorización social dos xogos como actividades colectivas e de ocio.
- Implantación en colexios e na familia.
- Transmisión das persoas maiores os mais novos.
- Normalización da practica de ditos deportes cunha Normativa, mantendo as peculiaridades que existen en cada zoa.
Este club seguirá traballando ata levar a chave ao sitio que lle corresponde e para que este patrimonio inmaterial que nos foi legado polos nosos antergos seamos capaces de transmitilo as novas xeracións.