Se vos interesa ver unha boa partida de chave este fin de semana correspondendo coa xornada 12 xógase o Taberna O Feal – O Pazo que nos últimos anos é sinónimo de marcadores altos.

Na cancha da Taberna O feal sempre se fan moitas chaves e as partidas contra O Pazo aseguran tanteos altos: no 2006 fixéronse 194 chaves, na partida do 2007 fixéronse 195 e no 2008 fixéronse 200 chaves.

Veremos como queda a cousa, esta vez O Pazo chega con unha media de 43,15 chaves por partida e O Feal con 40,75.

O luns saberemos o resultado.