Sábado, 30 de Maio de 2009, nas instalacións da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, celebrarase o IV Encontro escolar galego de xogos tradicionais (diptico-silleda [pdf 384 KB])
Ata alí achegarase unha representación do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra.
—
Domingo, 31 de Maio de 2009, en Muimenta (Lugo) Festa de Xogos Tradicionais de Muimenta [pdf. 80 KB] con as tres modalidades de chave
Equipos participantes do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra: Lúa Nova, O’Pazo, C.P.S. San Valentín, L.S. Limodre, Mesón O’Campo e A. VV. San Pablo.
—
Xornada de convivencia no colexio da Capela, con colexios de Lleida e de Eivissa, que desde hai dous anos están a traballar conxuntamente nun Proxecto de cooperación territorial, chamado “Xogando coma sempre“.
Celebrarase o martes, 9 de Xuño de 2009 e as exhibicións de xogos con adultos será durante a tarde dese día. Estarán presentes tamén representantes dos xogadores de Birlos ao canteiro, da Asociación Amigos da Órrea, de Riotorto, en Lugo.
Aberto para ir tódolos xogadores do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra.
—
Encontro internacional de xogos tradicionais, que se celebrará en Aranda de Duero (Burgos) entre os días 9 e 11 de Xullo de 2009. Estarán presentes as tres modalidades da Chave e tamén os Birlos ao canteiro, de Lugo (diptico [ pdf 940 KB ] / programa completo [121 KB]).
Irá unha representación do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra.
—
Xogos Populares na FOLIDADA ’09 de Redondela (Pontevedra)
- Encontro de asociacións de xogos tradicionais de Galicia e Cataluña, concibido como un espazo para o diálogo, intercambio de experiencias, programas de dinamización en distintos ámbitos?
(sábado de mañá 12 de setembro 2009)
- Obradoiro de creación de xoguetes tradicionais e de material de refugallo como unha proposta de lecer alternativo fronte ó xoguete máis convencional
(tarde do sábado 12 de setembro 2009) - Exhibición de xogos tradicionais galegos e cataláns, buscando espertar a curiosidade dos asistentes ó festival e a participación interxeracional nos mesmos
(domingo de mañá 13 de setembro 2009)
irá unha representación do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra.