Dende o 22 o 26 de Abril de 2009, no Cantón de Molíns, en Ferrol, celebración da XX Edición da Feira do Libro, con xogos tradicionais concretamente a chave levou equipos de Ferrol do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Días 25 e 26 de Maio de 2009, no Colexio A Xunqueira, en San Valentín – Fene, xogos tradicionais para os nenos, concretamente a chave foi con representantes do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Sábado, 30 de Maio de 2009, nas instalacións da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, celebrouse o IV Encontro escolar galego de xogos tradicionais. Foi unha representación do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Domingo, 31 de Maio de 2009, en Muimenta (Lugo) Xogos tradicionais Galegos con as catro modalidades de chave Ferrolterra, Ourense, A Coruña e Santiago. Equipos participantes do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”: Lúa Nova, O’Pazo, C.P.S. San Valentín, L.S. Limodre, Mesón O’Campo e A.V. San Pablo.
Xornada de convivencia no colexio da Capela, con colexios de Lleida e de Eivissa, que desde hai dous anos están a traballar conxuntamente nun Proxecto de cooperación territorial, chamado “Xogando coma sempre”. Celebrouse o martes, 9 de Xuño de 2009 e as exhibicións de xogos con adultos foi durante a tarde dese día. Estivemos presentes representantes dos xogadores do “Clube de Amigos da Chave de Ferrolterra”, Birlos ao canteiro, e da Asociación Amigos da Órrea, de Riotorto de Lugo.
Xornada de xogos populares na pista do Seixo-Mugardos, cos colexios, organizado pola Asociación Atalaia o sábado día 13 de Xuño as 11:00h. foi unha representación do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Inauguración Local Social Escola Fonte do Campo s/n – Fene o martes día 16 de Xuño 2009 as 20:00 h. Invitación a todolos xogadores de chave, asistiron Concelleiros de Fene, e os de comunicación.
Xornada de xogos populares na sociedae Agarimo de Sillobre, cos colexios, organizado pola sociedade o domingo día 21 de Xuño as 11:00 h. foi unha representación do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Deporte na rúa Concello de Fene domingo día 05 de Xullo 2009 pola mañá en Fene, foi unha representación do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Encontro internacional de xogos tradicionais, que se celebrou en Aranda de Duero (Burgos) os días 10, 11 e 12 de Xullo de 2009. Estiveron presentes as catro modalidades da Chave e tamén os Birlos ao canteiro, de Lugo. foi unha representación do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.
Saida Venres día 10 de Xullo, regreso Domingo día 12 de Xullo. Levouse equipación do Clube, chave, tinteiro, pancartas e pellos.
I Trofeo Cidade de Ferrol entre os días 24 o 29 de Agosto de 2009. Invitados tódolos equipos do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra”.