Celebrouse en Santiago o 27 de marzo unha reunión con o xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Antón Gómez, con os representantes da chave de Ourense, Santiago e Ferrolterra.

Os temas a tratar eran os seguintes:

  • Federación Galega de Chave
  • Liga de Galicia de Chave

O primeiro punto, está en fase técnica e haberá novas reunións para haber si este ano temos concretado o tema.

O segundo punto era a creación da Liga Galega 2008, déronse os pasos necesarios e quedou definida como sería.

Estará composta por dous equipos por zona, en total oito equipos: A Coruña (Irmandade da chave), Ferrolterra, Santiago e Ourense.

Haberá 15 xogadores por equipo un Comité de Competición, e cada club designará os seus seleccionadores.

O calendario é o seguinte, escomenzará o 3-05-08 e rematará o 15-06-08.

O Clube Amigos da Chave de Ferrolterra en reunión da directiva con os xogadores o día 2-04-08, xa aceptaron levar a cabo este evento, considerandose a importancia que ten, pois era unha aspiración que tiña este club.

Na reunión tamén designouse para xogar esta liga a cancha de San Valentín en Fene, por ser esta a única municipal.