A xunta directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a todos os xogadores dos equipos que participan na Liga de chave do ano 2010 a unha asemblea xeral extraordinaria que terá lugar no C.P.S. San Valentín o domingo día 07 de Febreiro ás 12:00 horas, cos seguintes puntos a tratar:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior se procede
  2. Novos membros para futura Xunta Directiva
  3. A nova configuración da liga
  4. Formas e prazos do aporte de xogadores da liga
  5. Prezo acompañantes acto clausura
  6. Entrega da documentación para o desenrolo da liga.
  7. Rogos e preguntas