Recibimos esta nota da asociación de xogos tradicionais Brinquedia:

Prezados colaboradores e colaboradoras; entidades, persoas físicas e organismos públicos que de algún xeito vindes colaborando no desenvolvemento do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais que organiza Brinquedia:

Pola presente poñémonos en contacto con vós para notificarvos que nos vemos obrigados a suspender, por motivos organizativos, a celebración do VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais previsto para o mes de maio de 2011.

Seguiremos traballando no desenvolvemento de futuros Encontros,  para o que agardamos poder contar coa vosa inestimable colaboración.

Unha pena, esperemos que o próximo ano se celebre.