Seguindo co programa de introduccion ó xogo da chave nos colexios o pasado día 6 de Maio o Clube amigos da chave de Ferrolterra colaborou co CPI O Ramo e o concello de Fene nas actividades que teñen programadas.

A Chave no CPI O Ramo

Fomos invitados pola coordinadora responsable a pedagoga Mª Xosé Paz Rodriguez. Houbo que instalar dúas canchas de chave para así dar opción a que os alumnos, tiraran mais veces. como monitores estiveron Eduardo do Lúa Nova “A” e Jaime Iglesias do Lua Nova, desenvolveuse esta actividade durante o recreo da mañá con participación de 50 alumnos e a supervisión dos seus mestres.

A Chave no CPI O Ramo