Na fin de semana que empeza hoxe terá lugar o final da primeira volta e o inicio da segunda, tamén será o momento de cambiar o horario das partidas: comezamos a xogar partidas os venres e sábados e aproveitar que os días son mais longos para atrasar o inicio das partidas (venres ás 20:00 e sábados las 19:00).

Facendo un resumo da primeira volta podemos contemplar que despois dun convulso inicio de liga na primeira división a cabeza da táboa volve a estar formada polos equipos que historicamente dominaron a categoría.

Na segunda división o mais salientable é a igualdade que hai entre os equipos, se ben en anos pasado podíase ver unha diferencia entre os equipos da parte superior e a inferior la clasificación hoxe as medias de todos os equipos andan sobre as trinta chaves por partida o que depara moitas sorpresas nos enfrontamentos.

Para rematar outro ano mais a terceira división conta non novas incorporación que empezan con forza, outro ano mais os primeiros postos están ocupados con equipos de nova creación.

Podedes seguir os resultados na sección da liga de chave nesta mesma web.

Por último lembrade (e agora mais que hai dúas partidas por semana) que se non podedes xogar a partida no día intentade xogala antes e se tedes que atrasar avisade á directiva ben sexa por email ou por telefono para que non vaiamos a buscar as actas en balde.