A Xunta Directiva do “Clube Amigos da Chave de Ferrolterra” convoca a un representante de cada equipo participante na liga da chave do 2009 a unha reunión que terá lugar o domingo día 08 de Febreiro as 12:00 horas, no “C.P.S. SAN VALENTÍN” de Fene, co obxecto de recolle-la documentación para o desenrolo da liga.

As partidas terán que xogarse respectando obrigatoriamente o regulamento e o horario sinalado, si por algún motivo tivera que atrasarse algunha partida, non debe sobrepasar as dúas semanas e debe comunicarllo a xunta directiva para estudar a situación, pois si non poderían ser motivo de sanción o equipo ou equipos infractores.

Os equipos que xogan como locais son os encargados de deixar as actas no CPS San Valentín (Fene) antes do luns ás 19:00 horas ou no seu defescto nos locis que se cintan a continuación sempre antes do luns ás 14:00 horas, recollendo ao mesmo tempo as clasificacións anteriores.

Equipos de Fene no C.P.S. San Valentín (Fene)
Equipos de Ares e Chanteiro no Lar de Picas (Ares)
Equipos de Limodre, Mugardos e Franza na L.S. Limodre (Fene)
Equipos de Ferrol na A.VV. San Pablo (Ferrol)
Equipos de Neda e Narón no Mesón O’Fumazo (Neda)

Os equipos que non leven as actas a tempo serán eles os encargados de levalas ao CPS San Valentín (Fene).

Recordase que as clasificacións non se levarán a ningún establecemento.

Tamén comunicamos a todo-los equipos a obrigatoriedade que teñen de aboar a cantidade de (1,50 €) por xogador de tódalas xornadas do campionato (26 xornadas). Dita aportación por equipo poderase realizar en un ou dous prazos, antes do remate da 1ª e 2ª volta do campionato, entregaráselle o tesoureiro, ou facendo o ingreso no nº de conta do clube indicando o nome do equipo e o concepto do ingreso, para poder cubrir os gastos que carrexa o desenrolo da liga do ano 2009.

HORARIO DE PARTIDAS

O horario das partidas queda da seguinte maneira:

do 14 de Febreiro o 04 de Abril as partidas xogaranse:

os sábados as 18:00 horas.

do 17 de Abril ata o final da liga as partidas xogaranse:

os venres as 20:00 horas e os sábados as 19:00 horas